Estes camiños percorren parte da parroquia de Punxín. Trátase dunha camiñata moi doada de facer, xa que apenas ten uns 80 metros de desnivel e gran parte do seu camiño vai próximo ó rio Barbantiño. A distancia total é de 6,3 Km, coa posibilidade de acortala en varios puntos. Ao traveso desta ruta podremos observar unha gran cantidade de muíños, disfrutar do encanto da aldea a de Baldariz,  abandonada a mediados do século pasado, e, por suposto parte da senda do Camiño Natural do Barbantiño.

1.- Iniciariamos a camiñata nas augas termais do Bañiño dende onde descenderemos pola márxen dereita do río Barbantiño ata a localidade de Villerma, onde atoparemos unha ponte que cruza o rio Barbantiño “1”.

2.- Unha vez que cruzamos a ponte continuamos por un camiño que nos leva ata as ruínas do pobo de Baldariz “4”. A 150 metros da ponte “2”, existe a posibilidade de subir pegados pola marxen do río ata a ponte da Castiñeira “3” , e dende esta, a uns 50 m coller un camiño á dereita que enlaza co mesmo de Baldariz.

3.- Ao pasar Baldariz “4” continuamos polo mesmo camiño  e chegaremos ata a ponte do rio Formigueiro “5”, nesta zona atoparémonos coa senda do Barbantiño, pola que descenderemos ata os muíños do Viñao “6”.

4.- Dende os muíños do Viñao temos a opción de regresar ao Bañiño pola marxen esquerda do Barbantiño para cruzar de novo a ponte da Castiñeira “3” e regresar ao Bañiño; ou se non, cruzar a pasarela metálica do Viñao “7” e descender por a marxen dereita do Barbantiño ata o Bañiño.