Estos camiños percorren as parroquias de Punxín e Freás. Trátase dunha camiñata circular de aproximadamente 8,5 km, de  nivel moderado xa que conta con certo desnivel. Este esforzo veráse recompensado polas impresionantes vistas que teremos dende Freas e no seu descenso. Nesta ruta destacamos a Iglesia de Freas, a Capela de San Pedro, as espectaculares vistas do Val do Barbantiño e as paisaxes que disfrutaremos a carón do Regato de Faro e do Río Barbantiño.

1.- Iniciariamos a camiñata na escola de Punxín, mencion especial a estas escolas que foron donadas para tales fines na sua totalidad por D. Benigno Quiroga e un seculo despois siguen funcionando.

2.- A uns 150 m “1” colleremos unha senda que nos leva ata a Castiñeira “2” desde onde subindo por a carretera cruzaremos a N 541 e comenzaremos o ascenso ata Freás.

3.- Unha vez terminada a subida chegaremos o pueblo de Freás “3” en donde disfrutaremos da iglesia “4”, do seu entorno, e das espectaculares vistas.

4.- No retorno da ruta existen varias alternativas como podria ser o descenso por o monte de Faro; pero vamos a compartir uns 300m do camiño de ascenso “5” para poder disfrutar do descenso polo monte da Aguieira “6”.

5.- Unha vez terminado o descenso do monte da Aguieira cruzaremos o regato de Faro “7” e viremos o seu caron ata o Viñao “8”.

6.- Dende o Viñao unha vez que crucemos a N-525 descenderemos por unha pista asfaltada polo barrio de pazos ata a capilla de San Pedro “9”; dende a cual nos dirixiremos de novo cara o Barbantiño.

7.- Unha vez chegamos a senda do Barbantiño “10”continuamos por esta ata a ponte da Castiñeira “11” en donde ascenderemos por o barrio de Condes ata o fin da ruta.