Estos camiños percorren as parroquias de Freás e Vilela. Trátase dunha camiñata  de dificultade moderada que ten uns 190 metros de desnivel (o ascenso na zona de Faro de 0,5 Km bastante pronunciado). A distancia total é de 5,9 Km. Destacamos nesta ruta as vistas dende a Torre de Faro das zonas de Barxelas, o Castro de Outeiriño, e o Castro de Vilamoure. Ademáis da visita ás aldeas de os Chaos e Figueiroa, e os muiños dos regatos de Faro

  1. Iniciariamos a camiñata na area de lecer que esta o lado  da Iglesia de Freás en onde despois de pasar polo pobo de Freás collemos un camiño que vai hacia Punxín “1”.
  2. A uns 300 metros deste camiño “2”, colleremos un camiño á esquerda que nos levaria hasta a zona de Faro.
  3. Unha vez que cruzamos a estrada que une a N-525 con Freás “3”, iniciamos a parte máis dura do camiño, o ascenso hasta a torre de Faro “4”. Existe a alternativa de coller desde Freás por Montecelo evitando esta subida, pero eliminaríamos case 2 km de ruta con un gran valor paisaxístico.
  4. Dende este punto iniciamos o descenso ata Barxelas “7” pasando ao lado da Torre de Faro, espazo con “restos Romanos” no que parece que se ubicaría u punto vixia dende o que probablemente controlaban a zona de Barxelas. con vistas do  Castro de Outeiriño e o Castro de Vilamoure. A escasos metros da Torre de Faro, si continuamos recto o camiño en lugar de coller á esquerda hacia Barxelas, a uns 300 m, atópanse os muiños de Faro.
  5. Unha vez que crucemos o regato de Faro“5”, a uns 50 metros dende os muíños de Barxelas, dirixímonos por unha pista asfaltada á esquerda ata Os Chaos “6” e  Barxelas “7”. Dende aquí,  colleremos un camiño e despóis unha senda que nos leva ata  Figueiroa “8”.
  6. Dende Figueiroa comenzamos o ascenso cara Freás por un sendeiro espectacular.